| Menu |
| |
| |
PRINCIPAL |
| |
| |
LAMINAS TEMARIO Antiguo-Medieval |
| |
| |
LAMINAS TEMARIO Arte Moderno |
| |
| |
LAMINAS TEMARIO Arte Contemporáneo |
| |
| |
TESTS de ARTE |
| |
| |
TEMAS de ARTE |
| |
| |
VOCABULARIO |
| |
| |
CARTOGRAFIA |
| |
| |
MONUMENTOS |
| |
| |
NOTICIAS |
| |
|
|
| Sentencias |
Los hombres nacen para el éxito, no para el fracaso. - Henry David Thoreau
|
|
|
EPIGRAFÍA
ROMANA DE LA PROVINCIA DE LUGO.
VISTA PREVIA
ÍNDICE
MAPA
ANÁLISIS
DIVINIDAD
ANÁLISIS
EJEMPLAR EPIGRÁFICO
Si
deseas adquirir un ejemplar puedes hacerlo de varias formas:
- Desde
esta propia página Web y te lo envío por contra reembolso con un 10% de descuento o transferencia con PORTES GRATIS:
COMPRAR
-
Distribución Lugo: Librería BALMES, Ánxo Fernández Gómez, 10; Librería CAMPUS, Rda Das Mercedes, 45; Librería Galicia, C/
Ourense, 82
- En
Lulu.com también puedes adquirir una copia impresa o descargarla en PDF:
LULU.COM
PORTES GRATIS por compra por transferencia desde esta web |
|
|
|
|
 |
Os escolares coñecen a historia do Castro de Viladonga a través de visitas gui |
 |
 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Museo de Viladonga, está organizado visitas guiadas para escolares aos traballos de consolidación arqueolóxica que se están levando a cabo no castro existente no concello de Castro de Rei. Deste xeito, mentres duren as tarefas que se levan a cabo nas áreas de intervención, ofrecerase aos nenos e nenas a posibilidade de coñecer a historia do castro a través dos labores que se realizan nas construcións incluídas na área de intervención. O Museo de Viladonga organizou ademais unha completa programación infantil a desenvolver ao longo do mes de maio con motivo da conmemoración, o sábado 18, do Día Internacional dos Museos. Trátase de actividades destinadas a nenos e nenas de ensino infantil e primario, que complementan a difusión e acción didáctica do centro. Na semana do 13 ao 16 de maio e os días 20 e 21 de mesmo mes, haberá oito sesións de monicreques e catro de ilusionismo. Así, os días 13, 14, 20 e 21, Titirimaña Teatro representará Perico o cangrexo, adaptación do conto do mesmo título da autora Amparo Gómez Cuerpo, con guión, dirección e interpretación de Isabel Gil e Cuca Fernández. Con el pretendese ensinar aos pequenos o coidado da natureza a través dos animais mariños que viven nas pozas da praia. Este conto faise especial para o público infantil, non só polo que sucede na historia senón tamén polo atractivo do decorado que nos fai viaxar ao fondo mariño. Finalmente, o mércores 15 e o xoves 16 de maio, o Mago Rafa fará un espectáculo de ilusionismo especificamente para nenos. Das dúas actividades haberá dous pases de 30 minutos de duración cada día; o primeiro comezará ás 10:30 e o segundo ás 11:30. O aforo será de 60 persoas e está destinado a nenos de infantil e 1º e 2º ciclos de primaria, salvo no caso do espectáculo de ilusionismo ao que tamén poderán asistir alumnos do 3º ciclo de primaria. É conveniente que os grupos sexan homoxéneos para poder adaptarse o mellor posible a cada nivel educativo. O museo está ultimando, ademais, o programa de actos da Noite dos Museos, consolidada polo éxito das sucesivas edicións como cita ineludible para celebrar esta efeméride. A reserva para concertar as visitas escolares pode realizarse chamando aos teléfonos do Museo -982 314 255 ou 982 314 194- ou ben nos enderezos de correo electrónico museo.viladonga@xunta.es e museo@aaviladonga.es. Así mesmo, o material didáctico do Museo pódese descargar no sitio web www.aaviladonga.es accedendo ás diferentes unidades de traballo a través dos apartados de Actividades e Acción Didáctica.
|
Enviado por admin el viernes, 26 de abril a las 13:35:18 (84 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0) |
|
|
 |
Apuntes Historia de España 2ª Bac |
 |
Enviado por admin el lunes, 22 de abril a las 22:45:28 (114 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0) |
|
|
 |
O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro propón actividades especiais para a Sem |
 |
Prepara un programa de visitas guiadas de xoves a domingo, exhibicións de caza e de lume.
Están programadas visitas guiadas de xoves a domingo, ás 12.30 e 18.00 horas, que os sábado serán de balde. Ademais destas visitas guiadas habituais, todos os días ata o domingo realizarase ás 16.30 horas a actividade "Paisaxes Culturais", coa que as persoas que se acheguen ata Campo Lameiro poderán descubrir a parte menos coñecida da área arqueolóxica facendo un percorrido por outras estacións rupestres que se atopan dentro do Parque, a maiores das oito que conforman o percorrido habitual. Os participantes nesta experiencia coñecerán ademais os usos da paisaxe desde que estas terras comezaron a ser ocupadas por grupos humanos. A programación complétase con exhibicións de lume e caza de xoves a domingo. Os visitantes que se acheguen a Parque Arqueolóxico durante este días poderán contemplar tamén a exposición temporal Arte Rupestre en Terras de Pontevedra, producida pola Mancomunidade Terras de Pontevedra coa finalidade de dar a coñecer esta extraordinaria manifestación do patrimonio arqueolóxico galego. O PAAR manterá as súas portas abertas durante toda a Semana Santa de 10.00 a 20.00 horas de forma continuada. Os interesados en visitar o Parque poden obter máis información no enlace web http://www.paar.es/web/
|
Enviado por admin el jueves, 28 de marzo a las 00:20:36 (181 Lecturas)
(Comentarios? | Puntuación 0) |
|
|
 |
A Xunta inicia os trámites para declarar BIC a fábrica de Sargadelos |
 |
 O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a incoación como Ben de Interese Cultural (BIC), coa categoría de monumento, a favor da Fábrica de Cerámica de Sargadelos ligada ao Laboratorio de Formas, en Cervo (Lugo). O conxunto de edificios que conforman a Fábrica de Cerámica de Sargadelos é a materialización do singular proxecto industrial, cultural, social e de identidade galega ideado por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane froito das reflexións, investigacións e propostas xurdidas no Laboratorio de Formas. Este complexo é o reflexo directo da vontade destes dous intelectuais de crear un lugar emblemático e pioneiro da creación artística e do rexurdir cultural de Galicia, preto do que foi o antigo complexo das fábricas de siderurxia e cerámica dos séculos XVIII e XIX de Sargadelos creado por Antonio Raimundo Ibáñez cuxo pensamento ilustrado inspirou a Díaz Pardo. O conxunto de edificios construído entre 1968 e a década dos anos setenta do século XX, sitúase no lugar chamado O Rato, na parroquia de Sargadelos no concello lugués de Cervo. A Fábrica de Cerámica de Sargadelos é un exemplo singular e único de industria na que o proceso de produción era parte dun ambicioso proxecto de rexeneración cultural e social de Galicia, no que o Laboratorio de Formas e as actividades culturais e de investigación derivadas del e da fábrica, conformaron unha realidade sobranceira da vangarda galega. Con esta resolución, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende protexer, poñer en valor e difundir a singularidade deste complexo arquitectónico e cultural.
|
|
|
 |
O Museo das Peregrinacións colabora no estudo de artistas medievais |
 |
 Faino a través da súa participación no proxecto de investigación ‘Magistri Cataloniae’, que procura crear un índice sistemático de artistas medievais e dos seus obradoiros, e que ten na arte xacobea unha das súas liñas de investigación. O Museo das Peregrinación e de Santiago, participa como ente promotor observador no proxecto de investigación Artistas, patróns e público. Cataluña e o Mediterráneo (S. XI-XV). Magistri Cataloniae, que busca crear un índice sistemático de artistas medievais cataláns e os seus obradoiros, e que ten na arte xacobea un das súas liñas de investigación. Esta liña, promovida polo propio Museo das Peregrinacións e polo director do proxecto, o galego Manuel Castiñeiras (Universitat Autónoma de Barcelona); permitirá o estudo de parte dos fondos do museo compostelán, así como das obras de temática xacobea conservadas nos museos cataláns colaboradores.
|
|
|
85 Noticias en Total (17 Páginas, 5 Noticias por Página)
|
|
|
|
|
|
| Ayúdanos con una donación |
|
|
|